Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca dous cursos para o persoal do Concello da Coruña

    Cursos / Martes, 3 de Outubro de 2017.

    De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse dous cursos para o persoal do Concello da Coruña. 


    Actividades: aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer) e aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft office 2010) (dúas edicións de cada curso)
    Modalidade: teleformación
    Prazas: 50 prazas por edición
    Destinatarios: poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os empregados públicos e as empregadas que presten servizo no Concello da Coruña, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun familiar.
    Matrícula: desde as 8 horas do 4 de outubro ata as 14 horas do 13 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula 




  •   Anterior Seguinte  
    Pax 616 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212