Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca un Curso superior de Administración electrónica

    Cursos / Venres, 13 de Outubro de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública, xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, convoca un curso superior de Administración electrónica que comezará o próximo 30 de outubro. 


    Este curso pretende afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, con especial énfase no arquivo electrónico administrativo, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Os contidos do programa enfocarán, desde distintas perspectivas, a Administración electrónica para que as persoas a que se dirixe adquiran ou perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos da informática e do Dereito, completando a súa foramción no dereito da informática. 

    Modalidade: mixta
    Prazas: 50
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Datas: desde o 30 de outubro ata o 20 de decembro (os días de clase e o horario aparecen especificados no DOG)
    Duración: 114 horas lectivas (30 presenciais e 84 en teleformación)
    Destinatarios: persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías: 
    • grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario
    • grupos I e II do persoal laboral
    • grupo C do persoal funcionario ou grupo III do persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V convenio colectivo único para o persoal da Xunta de Galicia que estea en posesión do título de ciclo superior de formación profesional relacionado coa informática.
    Matrícula: desde as 8 horas do 14 de outubro ata as 23 horas do 24 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula.  Excepto as persoas que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, todos/as os/as solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, achegando un certificado acreditativo da súa condición de persoal empregado público e do grupo e/ou categoría a que pertencen.

    Máis información no DOG do 13 de outubro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 619 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212