Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre o concurso de acredores: aspectos teóricos, xurídicos e prácticos, para empregados públicos das entidades locais de Galicia

    Cursos / Luns, 23 de Outubro de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso para empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia denominado O concurso de acredores: aspectos teóricos, xurídicos e prácticos.


    Obxectivos: afondar nunha materia altamente especializada, relacionada coa actividade desenvolta nos departamentos de recadación das entidades locais naqueles casos en que o/a debedor/a do crédito tributario é declarado en situación de concurso.
    Destinatarios/as: funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia e interesados/as en xeral.
    Modalidade: presencial
    Duración: 18 horas
    Edicións: unha
    Lugar: aula 2 da EGAP, rúa Madrid, nº 2-4
    Datas e horario: 9, 16, 22 e 30 de novembro, das 16.00 ás 20.30 horas
    Prazas: 50
    Matrícula: das 8  horas do 24 de outubro ata as 14 horas do 30 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula 
    Prezo: 180 euros (130 euros en réxime bonificado)

    Máis información no DOG do 23 de outubro
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 623 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212