Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    IV Curso de actualidade xurídica de réxime local para persoal ao servizo das entidades locais de Galicia

    Cursos / Venres, 27 de Outubro de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra (Cosital Pontevedra) convócase o IV Curso de actualidade xurídica de réxime local para empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia.


    Obxectivo: Análise e reflexión sobre as últimas reformas normativas que introduciron modificacións de enorme relevancia no ámbito local para posibilitar un adecuado coñecemento do seu alcance.
    Destinatarios: Funcionarios/as da Administración local con habilitación de carácter nacional, empregados/as públicos/as e persoal directivo da Deputación de Pontevedra, funcionarios/as pertencentes aos corpos ou escalas dos grupos A1 e A2 e persoal laboral equivalente das administracións locais.
    Modalidade: presencial
    Duración: 20 h
    Edicións: unha
    Lugar: Pontevedra, Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avda. Fernández Ladreda, núm. 43
    Datas: os días 27 e 28 de novembro das 9.00 ás 14.00, e das 16.00 ás 18.30, e o día 29 de novembro das 9.00 ás 14.00 horas
    Proba final presencial: o día 29 de novembro ás 13.30 horas
    Prazas: 75
    Matrícula: desde as 8 horas do 28 de outubro ata as 14 horas do 6 de novembro http://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 27 de outubro
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 624 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212