Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7   Imagen 3 de 7  

    A EGAP reforza a formación relativa a contratación pública para lograr unha administración máis eficiente e transparente

    A Escola / Martes, 19 de Decembro de 2017.

    ▪ A EGAP acolle hoxe e mañá un curso monográfico sobre a nova Lei de contratos do sector público ao que asisten 400 empregados públicos

    ▪ Sonia Rodríguez-Campos destacou que a nova lexislación permitirá simplificar os trámites, facilitar a participación das pequenas e medianas empresas e propiciar que as administracións públicas a empreguen para lograr obxectivos sociais comúns


    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou esta mañá o curso monográfico A nova Lei de contratos do sector público, que terá lugar hoxe e mañá en Santiago de Compostela e no que participan catrocentos empregados públicos. Á inauguración da actividade asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP, Juan Alfonso Santamaría Pastor, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Complutense de Madrid, e José Carlos Laguna de Paz, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Valladolid.

    Durante o acto de inauguración a directora da EGAP sinalou a importancia da nova lexislación para o eido público, ao “establecer un novo marco regulador do sistema de contratación enfocado na eficiencia e na transparencia, coa intención de simplificar os trámites, facilitar a participación das pequenas e medianas empresas e propiciar que as administracións públicas a empreguen para lograr obxectivos sociais comúns”.

    Ademais, Sonia Rodríguez-Campos recoñeceu que a complexidade da Lei fai ineludible para a EGAP o establecemento dunha formación específica dirixida aos empregados públicos da comunidade autónoma, polo que anunciou a convocatoria de novas accións formativas nesta materia para o ano 2018.

    O curso monográfico sobre a nova Lei de contratos do sector público reúne durante dous días en Santiago de Compostela a expertos na materia procedentes do ámbito académico e profesional co fin de analizar as principais modificacións introducidas pola Lei e propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores e relevantes desde o punto de vista xurídico e da xestión pública.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 631 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212