Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O próximo número da Regap abordará, entre outros temas, a contratación das persoas con discapacidade

    Publicacións / Xoves, 21 de Decembro de 2017.

    Esta tarde reuníronse na EGAP os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar os contidos do número 54 (xullo-decembro 2017).


    Esta nova publicación incluirá entre as súas páxinas varios estudos sobre temas tan actuais en torno ao sector público coma as medidas da Administración pública a favor da contratación das persoas con discapacidade, as medidas de fomento da transparencia na adxudicación de contratos no sector público, o novo réxime das notificacións administrativas ou a controvertida caracterización do contrato administrativo especial.

    Ademais, o número 54 da Regap conterá artigos que abordarán a reconstrución da noción xurídica das empresas públicas peruanas, os fondos europeos de inversión e a transformación do emprego público en España a través da xurisprudencia europea.

    Revista Galega de Administración Pública
    A REGAP, que iniciou a súa andaina en 1992, estrutúrase ao xeito clásico das publicacións deste tipo con estudos doutrinais, xurisprudenciais e normativos. Na actualidade, dedícase a temas de actualidade co fin de analizar e achegar a contribución dos máximos e máis destacados especialistas en temas como o dereito autonómico, as novas tecnoloxías, os retos da Administración no século XXI, o estatuto dos empregados públicos ou a ordenación do territorio e o medio.
     
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 632 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212