Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca 2 cursos de galego para o persoal de xustiza que preste servizos fóra da CA de Galicia

    A Escola / Martes, 2 de xaneiro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca 2 edicións e 50 prazas de cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.


    Os cursos van dirixidos a maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial.

    Para o persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza de Galicia
    Curso medio de linguaxe xurídica galega
    Teleformación 1 edición 25 prazas por edición
    Curso superior de linguaxe xurídica galega
    Teleformación 1 edición 25 prazas por edición

    Para optar a estas actividades é preciso ter validado ou superado na data desta resolución algún dos cursos que se indican a continuación:
    - Para o curso superior: o curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
    - Para o curso medio: o curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

    Matrícula: desde as 8 horas do 3 de xaneiro ata as 14 horas do 10 de xaneiro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Para poder optar aos cursos será preciso presentar dentro do prazo de presentación das solicitudes unha validación ou certificación acreditativa de ter superado o nivel de coñecemento do idioma galego para poder ser admitido no curso que se solicita e un documento que acredite a antigüidade na Administración de xustiza tomando como referencia a primeira toma de posesión.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 637 de 712
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia