Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca 28 cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para o persoal da CA de Galicia

    A Escola / Martes, 2 de Xaneiro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca 28 edicións e 700 prazas de cursos de linguaxe administrativa galega e linguaxe xurídica galega dirixidas aos empregados públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.


    Os cursos van dirixidos aos empregados públicos destinados nas administracións territoriais, institucionais, entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do sistema universitario galego.

    Para o persoal ao servizo da administración xeral da CA de Galicia, institucións e entidades públicas instrumentais do sector público autonómico
    Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Teleformación 8 edicións 25 prazas por edición
    Presencial 1 edición 25 prazas por edición
    Curso superior de linguaxe administrativa galega
    Teleformación 11 edicións 25 prazas por edición
    Presencial 2 edicións 25 prazas por edición
    Para o persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza de Galicia
    Curso medio de linguaxe xurídica galega
    Teleformación 1 edición 25 prazas por edición
    Curso superior de linguaxe xurídica galega
    Teleformación 1 edición 25 prazas por edición
    Para o persoal das entidades locais de Galicia
    Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Teleformación 1 edición 25 prazas por edición
    Curso superior de linguaxe administrativa galega
    Teleformación 1 edición 25 prazas por edición
    Para o PAS das universidades de Galicia
    Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Teleformación 1 edición 25 prazas por edición
    Curso superior de linguaxe administrativa galega
    Teleformación 1 edición 25 prazas por edición

    Para optar a estas actividades é preciso ter validado ou superado na data desta resolución algún dos cursos que se indican a continuación:
    - Para o curso superior: o curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
    - Para o curso medio: o curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

    Matrícula: desde as 8 horas do 3 de xaneiro ata as 14 horas do 10 de xaneiro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Para poder optar aos cursos será preciso presentar:
    1. Dentro do prazo de presentación das solicitudes: o persoal das entidades públicas instrumentais e institucións públicas autonómicas cuxos datos non figuren na base de datos da DX de Función Pública, un certificado no que indique a situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.
    2. Nun prazo de tres días hábiles desde a publicación da listaxe definitiva: as persoas seleccionadas deberán achegar unha copia do certificado que acredite a superación ou validación dalgún dos cursos indicados anteriormente.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 636 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212