Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Publicado o plan de formación da EGAP para o ano 2018

    A Escola / Martes, 2 de Xaneiro de 2018.

    O plan de formación da EGAP publicado no DOG de hoxe recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas Instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).


    A EGAP presenta un ano máis un plan de formación que contén accións formativas de carácter transversal, que teñen por obxecto ofrecer un currículo básico horizontal orientado a capacitar o alumnado para o desenvolvemento das funcións que son xenéricas, e específico, cuxo obxectivo está directamente relacionado coa adaptación permanente ao posto de traballo, incluíndo contidos sectoriais relativos a competencias concretas.

    O plan volve apostar este ano polas diferentes contornas de aprendizaxe e metodoloxías, mediante a distribución da oferta formativa nas modalidades de autoformación, teleformación e docencia presencial..

    Ademais dos contidos, o Plan formativo para o ano 2018 presenta importantes novidades no que respecta á súa configuración e deseño. Entre elas, por primeira vez efectuarase unha oferta formativa conxunta para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

    Por primeira vez tamén todos os colectivos poderán acceder á formación enmarcada no portal de idiomas, no plan ofimático e no programa de autoformación, que constitúen tres dos alicerces vertebradores do Plan formativo da EGAP. Deste xeito, garántese que todas as persoas destinatarias do Plan formativo, con independencia da administración á que pertenzan, poidan acceder a esta formación de carácter transversal, que é precisamente a que concentra a maior demanda.

    Outra novidade importante para este ano, coa que se da resposta a unha reiterada demanda do alumnado, é a descentralización das probas de avaliación das actividades enmarcadas no plan ofimático e no programa de autoformación. Con este cambio, a EGAP quere facilitar ao conxunto do persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia o acceso á formación.

    Cómpre lembrar que esta resolución ten carácter informativo e que a matrícula ás actividades queda ligada á publicación das diferentes convocatorias no DOG.

    Para máis información, pulsar aquí.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 635 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212