Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre a aplicación informática de xestión parlamentaria Ágora para persoal do Parlamento

    Cursos / Xoves, 18 de Xaneiro de 2018.

    Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Parlamento de Galicia convócase un curso sobre a aplicación informática de xestión parlamentaria Ágora destinado ao persoal empregado público do Parlamento de Galicia.


    Requisitos das persoas participantes: empregados/as públicos/as do Parlamento de Galicia (aberto a bolseiros/as e traballadores/as do Servizo de Tecnoloxías da Información (STI).
    Obxectivos: a presentación da aplicación de xestión parlamentaria Ágora Millennium e a iniciación no seu emprego.
    Modalidade: presencial
    Duración: 20 horas
    Edicións: unha
    Datas: do 5 ao 16 de febreiro de 2018
    Lugar: na sede do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela, rúa Hórreo, número 63
    Horario: 8.30 a 10.30 horas
    Proba final presencial: o día 16 de febreiro ás 11.00 horas
    Prazas: 20

    Matrícula: aberta das 8 horas do 19 de xaneiro ás 14 horas do 29 de xaneiro en http://egap.xunta.gal/matricula


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 639 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212