Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos para empregados públicos das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia

    Cursos / Mércores, 24 de Xaneiro de 2018.

    A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Consultivo de Galicia convócanse o Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais e o Curso sobre os recursos administrativos na nova Lei 39/2015, do 1 de outubro.


    Requisitos das persoas participantes: empregados/as públicos/as das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia. Preferentemente persoal habilitado nacional e funcionario da Administración local dos grupos A1 e A2 que teñan responsabilidades en materia de tramitación e instrución relacionados coas materias dos cursos.

    Prazo de matrícula: desde as 8 horas do 25 de xaneiro ata as 14 horas do 1 de febreiro en http://egap.xunta.gal/matricula

    CV18002: curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais
    Obxectivos: analizar a normativa sobre a responsabilidade patrimonial, dos procedementos administrativos para a súa efectividade, das súas diferentes dimensións. Análise práctica dos diferentes supostos. 
    Modalidade: presencial
    Duración: 27 horas
    Prazas: 30 por edición
    Edición Santiago de Compostela: na sede da EGAP do 20 de febreiro ao 8 de marzo
    Edición Coruña: na Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña do 5 ao 21 de marzo 

    CV18003: os recursos administrativos na nova Lei 39/2015, do 1 de outubro
    Obxectivos: analizar a normativa sobre a revisiónd e actos firmes e os recursos administrativos, ordinarios ou extraordinarios, que poden interpoñerse fronte a todo tipo de resolucións administrativas.
    Modalidade: presencial
    Duración: 21 horas
    Prazas: 30 por edición
    Edición Coruña: na Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña do 2 ao 23 de abril
    Edición Santiago de Compostela: na sede da EGAP do 7 ao 28 de maio
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 640 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212