Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior A nova lexislación administrativa básica: teoría e práctica

    Cursos / Mércores, 7 de Febreiro de 2018.

    A EGAP convoca no DOG do 7 de febreiro un curso presencial de 45 horas de duración sobre a nova lexislación administrativa básica dirixido preferentemente ao persoal empregado público das administracións públicas de Galicia.


    Prazas: 100
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estea en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñería, arquitectura técnica ou enxeñería técnica.
    No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por profesionais que estean en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñería, arquitectura técnica ou enxeñería técnica.
    Lugar: sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Datas: todos os xoves, entre o 1 de marzo de 2018 e o 26 de abril de 2018, agás o 29 de marzo de 2018.
    Horas: 45 horas presenciais, distribuídas en 8 sesións: 7 sesións de 6 horas lectivas, que se impartirán en horario de mañá (das 11.00 ás 14,00 horas) e en horario de tarde (das 16.00 ás 19.00 horas), e unha sesión de 3 horas, o último día do curso, en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas).
    Inscrición: desde as 8 horas do 8 de febreiro ata as 23 horas do 19 de febreiro en http://egap.xunta.gal/matricula

    As persoas solicitantes, agás as que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, deberán acreditar por correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal, a súa condición de persoal empregado público, así como estar en posesión da titulación solicitada.

    Serán excluídas aquelas solicitudes que non acrediten o cumprimento dos requisitos con anterioridade ao último día habilitado para a inscrición, isto é, 19 de febreiro de 2018.

    Matrícula: o importe da matrícula é de cen euros (100 €) para as persoas destinatarias que non teñan a condición de persoal empregado público, ás que se lles enviará, en caso de seren seleccionadas, as instrucións para realizar o pagamento.

    Máis información no DOG do 7 de febreiro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 641 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212