A EGAP convoca no DOG do 12 de febreiro unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo para o ano 2018 destinada a licenciados ou graduados en Dereito con posterioridade a xaneiro do 2012.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de marzo. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (
https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información sobre requisitos, documentación que é preciso entregar, criterios de avaliación e proceso de selección na sección de
Convocatorias da web.