A EGAP convoca no DOG do 12 de febreiro unha bolsa de formación na área da ciencia económica para o ano 2018 destinada a licenciados ou graduados en Economía con posterioridade a xaneiro do 2012.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de marzo. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (
https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información sobre requisitos, documentación que é preciso entregar, criterios de avaliación e proceso de selección na
sección de Convocatorias da web.