A EGAP, mediante un convenio de colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), convoca un curso de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación de solicitudes será desde as 9 horas do 13 de febreiro ás 23.55 horas do 22 de febreiro de 2018 na zona de matrícula da EGAP (
http://egap.xunta.gal/matricula).
CV18004. Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga
Obxectivos: proporcionar a formación que establece o anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.
Destinatarios/as: empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Modalidade: teleformación
Duración: 60 h. edición
Edicións: tres
Datas: do 13 de marzo ao 10 de maio de 2018
Proba final presencial: o día 10 de maio ás 10.00 horas nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP.
Prazas: 50 por edición
Máis información no
DOG do 12 de febreiro