A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 14 de febreiro un total de 171 actividades formativas e 6142 prazas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
Solicitude: desde as 8 horas do 15 de febreiro ata as 23.55 horas do 26 de febreiro na zona de matrícula da EGAP (
http://egap.xunta.gal/matricula). O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a cinco.
Dentro do prazo de presentación de solicitudes os empregados públicos pertencentes a entidades, organismos ou institucións públicas, cuxos datos non figuren na base de datos da Dirección Xeral da Función Pública, deberán enviar a xestion.egap@xunta.gal un certificado expedido polo órgano responsable de persoal no que se indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.
Máis información e listaxe de cursos no
DOG do 14 de febreiro.