A EGAP convoca no DOG do 16 de febreiro 1900 prazas do Plan formativo ofimático de Galicia con dúas novidades importantes. Por unha banda, ofrécese unha oferta conxunta para todos os colectivos e, por outra, as probas de avaliación final das actividades formativas terán lugar nas sete principais cidades galegas.
As actividades van destinadas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e persoal de administración e servizos das tres universidades galegas.
Solicitude: desde as 8 horas do 17 de febreiro ata as 23.55 horas do 26 de febreiro na zona de matrícula da EGAP (
http://egap.xunta.gal/matricula). O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a cinco.
Dentro do prazo de presentación de solicitudes os empregados públicos pertencentes a entidades, organismos ou institucións públicas, cuxos datos non figuren na base de datos da Dirección Xeral da Función Pública, deberán enviar a xestion.egap@xunta.gal un certificado expedido polo órgano responsable de persoal no que se indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.
Máis información e listaxe de cursos no
DOG do 16 de febreiro.