Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico

    Cursos / Luns, 19 de Febreiro de 2018.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre-nivel básico.


    Destinatarios: Empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos, traballadores/as designados/as e delegados/as de prevención, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais, en particular, na organización e xestión de actividades de tempo libre.

    Matrícula: desde as 9 horas do 20 de febreiro ata as 23.55 horas do 1 de marzo en http://egap.xunta.gal/matricula 

    Obxectivos: proporcionar a formación que establece o anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais. O programa inclúe un módulo formativo dedicado á organización e xestión de actividade de tempo libre.

    Modalidade: teleformación
    Duración: 60 h/edición
    Edicións: unha
    Datas: do 20 de marzo ao 9 de maio de 2018
    Proba final presencial: o día 9 de maio ás 10.00 horas. A proba realizarase de forma descentralizada nos centros territoriais do Issga da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e na sede da EGAP en Santiago de Compostela.
    Prazas: 50

    Máis información no DOG do 19 de febreiro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 647 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212