Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada Auditoría do sector público

    Xornadas / Xoves, 22 de Febreiro de 2018.

    A EGAP convoca, en colaboración co Colexio de Economistas da Coruña, a xornada Auditoría do sector público na que se tratarán, entre outros temas, a nova Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público e a regulación do control interno das entidades do sector público local.


    Destinatarios: persoal empregado público, colexiados do Colexio de Economistas da Coruña, auditores, profesionais e persoas interesadas en xeral. 
    Lugar: sede da EGAP, en Santiago de Compostela
    Datas: 9 de marzo
    Horario: de mañá
    Duración: 5 horas lectivas
    Inscrición: desde as 8 horas do 23 de febreiro ata as 23.55 horas do 1 de marzo en http://egap.xunta.gal/matricula 
    - As persoas solicitantes que sexan persoal empregado público, agás as que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, deberán acreditar por correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal a súa condición de persoal empregado público na data de publicación desta convocatoria.
    - As persoas solicitantes que sexan colexiadas do Colexio de Economistas da Coruña ou auditores/as deberán tamén acreditalo por correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal.
    Matrícula: as persoas seleccionadas que teñan que proceder ao pagamento de matrícula procederán a aboar o importe da matrícula no número de conta do Colexio de Economistas da Coruña, segundo o importe, instrucións e prazo indicados na web do Colexio de Economistas da Coruña: http://www.economistascoruna.org/
    - Os importes da matrícula serán os seguintes:
    • Persoal empregado público: matrícula gratuíta.
    • Auditores/as inscritos/as no REA-Auditores Consejo General Economistas: 40 €.
    • Membros de FIASEP: 40 €.
    • Colexiados/as do Colexio de Economistas da Coruña: 50 €.
    • Profesionais e persoas interesadas en xeral: 80 €

    Máis información no DOG do 22 de febreiro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 649 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212