Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7   Imagen 3 de 7  

    Cen empregados públicos especialízanse na nova lexislación administrativa básica a través dun curso superior

    Cursos / Xoves, 1 de Marzo de 2018.

    Cen empregados públicos iniciaron esta mañá na Escola Galega de Administración Pública o curso superior A nova lexislación administrativa básica: teoría e práctica. Cunha duración de 45 horas, esta actividade estenderase ao longo de dous meses e servirá para formarlos sobre as principais novidades que achegan as leis 39 e 40/2015 e a súa incidencia na organización e funcionamento da Administración.


    Durante a inauguración do curso, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destacou a importancia da nova normativa para os empregados públicos ao supoñer unha reforma integral da organización e funcionamento das administracións, coa clara intención de lograr un sector público máis áxil, transparente e interconectado; en consonancia cos novos tempos e no marco dunha reforma integral de organización e funcionamento do aparato administrativo.

    Por outra banda, Sonia Rodríguez-Campos resaltou o esforzo da Escola por actualizar os coñecementos dos empregados públicos galegos nesta materia mediante a oferta de formación continua relativa aos novos textos legais. Desde a publicación das leis 39 e 40/2015 a EGAP programou un total de 46 actividades formativas sobre esta temática e abriu os contidos dos cursos a todos os colectivos a través do seu programa de autoformación.

    Finalmente, a directora do organismo definiu o estudo destas leis como imprescindible para os empregados públicos por ter unha repercusión práctica no seu traballo cotiá.

    A continuación, Isaac Martín Delgado, profesor titular de Dereito Administrativo da Universidad de Castilla-La Mancha, impartiu a conferencia inaugural do curso na que introduciu as principais novidades en materia de administración electrónica que implicarán as leis 39 e 40/2015. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 650 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212