Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    II Curso superior de inspección ambiental de Galicia

    Cursos / Venres, 2 de Marzo de 2018.

    A EGAP convoca no DOG do 2 de marzo o II Curso superior de inspección ambiental, o cal aborda, desde unha perspectiva práctica, as modificacións normativas que tiveron lugar desde a realización do I curso no ano 2014, no ámbito da inspección ambiental, así como no do traslado de residuos transfronteirizos.


    Obxectivos: Actualizar coñecementos en relación coa normativa e os procedementos de inspección ambiental, de maneira específica nas actividades de prevención e control integrado da contaminación (IPPC) no campo industrial e no traslado de residuos transfronteirizos. Dotar dos coñecementos e das habilidades necesarias o persoal que realiza funcións de inspección ambiental e outro persoal técnico no campo do ambiente industrial para exercer as súas funcións adaptándose ás novas exixencias e cambios dos últimos anos.
    Prazas: 30
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, do subgrupo A1 da Administración pública autonómica de Galicia, que realice funcións de inspección ambiental, e persoal técnico superior da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio relacionado coa inspección ambiental.
    No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse con persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, do grupo A1 da Administración pública autonómica de Galicia, que estea en posesión da titulación universitaria en química, bioloxía, enxeñaría ou veterinaria e realice funcións relacionadas coa inspección.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Datas: os mércores; 21 de marzo; 4, 11 e 25 de abril; 9, 16 e 23 de maio; 6, 13 e 20 de xuño de 2018
    Horas lectivas: 50
    Horario: de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas
    Matrícula: desde as 8 horas do 3 de marzo ata as 23.55 horas do 12 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula As persoas solicitantes deberán acreditar por correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal o cumprimento dos requisitos relativos á titulación e funcións.

    Máis información no DOG do 2 de marzo ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 652 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212