Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso A nova Lei de contratos do sector público para o persoal das entidades locais de Galicia

    A Escola / Martes, 6 de Marzo de 2018.

    De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Xeral dos Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local (Cosital) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse un curso para empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia denominado A nova lei de contratos do sector público.




    Persoas participantes: funcionarios/as con habilitación de carácter nacional e empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia
    Matrícula: desde as 8 horas do 7 de marzo ata as 23.55 horas do 13 de marzo en http://egap.xunta.gal/matricula 
    Prezo da matrícula
    – Para os subscritores/as e novos/as subscritores/as de Cositalnetwork e da Revista de Estudos Locais será de sesenta euros (60 €) 
    – Para persoal da entidade local subscritora o importe da matrícula será de cento vinte euros (120 €)
    – Para o resto dos asistentes o pagamento da matrícula será de dous centos corenta euros (240 €)
    Modalidade: mixta (8 horas presenciais e 7 horas de teleformación)
    Duración: 15 horas
    Edicións: unha
    Lugar: salón de actos da EGAP, rúa Madrid, nº 2-4
    Datas: do 19 ao 23 de marzo de 2018
    Data da proba final: 23 de marzo de 2018
    Sesión presencial: o día 19 de marzo das 9.00 ás 14.30 h e das 16.00 ás 18.30 horas
    Prazas: 100

    Máis información no DOG do 6 de marzo ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 653 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212