Curso de actuación normativa en materia de arbitraxe de consumo
Cursos / Luns, 26 de Marzo de 2018.
De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a EGAP e o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de actuación normativa en materia de arbitraxe de consumo destinado ao persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
Destinatarios: persoal funcionario e laboral do IGCC que forme parte dun colexio arbitral ou que tramite reclamacións en materia de consumo.
Matrícula: desde as 8 horas do 27 de marzo ata as 3 de abril en http://egap.xunta.gal/matricula
Modalidade: presencial
Duración: 12.00 horas
Edicións: 1
Datas: 13 e 20 de abril e 4 de maio de 2018
Lugar: Santiago de Compostela, sede da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, núm. 2-4
Prazas: 20
Máis información no
DOG do 26 de marzo ou na
ficha do curso.