A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Consultivo de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais para empregados/as públicos/as das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia.
Matrícula: desde as 8 horas do 28 de marzo ata as 23.55 horas do 4 de abril en http://egap.xunta.gal/matricula
Modalidade: presencial.
Duración: 27 horas.
Edicións: dúas
• Primeira edición:
Lugar: Lugo. Delegación Territorial da Xunta de Galicia. Rolda da Muralla, núm. 70
Datas: do 17 de abril ao 24 de maio de 2018
Proba final presencial: o día 24 de maio, ás 18.00 horas
Prazas: 30
• Segunda edición:
Lugar: Ourense. Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Avenida da Habana, núm. 79
Datas: do 29 de maio ao 26 de xuño de 2018
Proba final presencial: o día 26 de xuño, ás 18.00 horas
Prazas: 30
Máis información no
DOG do 27 de marzo e na
ficha do curso.