Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca unha xornada sobre Xustiza e opinión pública

    Xornadas / Mércores, 28 de Marzo de 2018.

    O próximo 17 de abril a EGAP organiza unha xornada sobre Xustiza e opinión pública na que se tratarán os dereitos de opinión e información en relación coas actuacións xudiciais, a percepción social da xustiza e a linguaxe xudicial, entre outros temas.


    A xornada presenta unha tripla finalidade. A primeira delas consiste en relacionar e comprender como actúan e o alcance que teñen os dereitos fundamentais de opinión e información nas actuacións xudiciais. A segunda estriba en comprender a apreciación que a sociedade ten ao redor da xustiza. Finalmente, coñecer a linguaxe predominante na Administración de xustiza. Estes tres obxectivos convértense en imprescindibles para coñecer a realidade que rodea o Poder Xudicial como encargado da impartición de xustiza a nivel social e tamén respecto de posibles interaccións que deban levar a cabo con calquera sector vinculado.

    Persoas destinatarias: Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto de xustiza como autonómica e local, dos entes instrumentais da comunidade autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais do dereito e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Data: 17 de abril de 2018
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 6 horas lectivas
    Inscrición: desde as 8 horas do 29 de marzo ata as 23.55 horas do 15 de abril en http://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 28 de marzo ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 660 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212