Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    I Curso superior sobre contratación pública de innovación

    Cursos / Luns, 2 de Abril de 2018.

    A EGAP e a Axencia Galega de Innovación (Gain) organizan unha actividade formativa cun programa teórico-práctico que lle permitirá ao persoal que participa activamente nos procesos de contratación pública obter o coñecemento e as ferramentas necesarias para levar á práctica con éxito os procesos de compra pública innovadora (CPI) nos seus respectivos departamentos.


    Ao mesmo tempo, este curso pretende sensibilizar ás persoas situadas nos ámbitos de decisión relacionados coa contratación pública das potencialidades que representa a compra pública innovadora como mecanismo de contratación eficiente e intelixente, así como promover o uso estratéxico da CPI como ferramenta que permita transformar os departamentos públicos en verdadeiras organizacións públicas innovadoras orientadas aos/ás usuarios/as e con capacidade de anticipación ao mercado.

    Prazas: 80
    Persoas destinatarias: o curso diríxese ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia, con responsabilidades nos ámbitos da innovación e/ou da contratación pública (Asesoría Xurídica, Intervención Económica e persoal dos servizos públicos de contratación), que pertenzan aos seguintes grupos:
    • Persoal funcionario: subgrupos A1 e A2
    • Persoal laboral: grupos I e II
    Poderá inscribirse tamén o persoal directivo das administracións públicas de Galicia con responsabilidades nos ámbitos da contratación pública e/ou innovación.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Datas: os luns; 16, 23 e 30 de abril; 7, 14, 21 e 28 de maio; e 4 de xuño de 2018
    Horas lectivas: 45
    Horario: todos os luns en horario de mañá e tarde (das 11.00 ás 14.00 horas; das 16.00 ás 19.00 horas) agás o 4 de xuño, que será só en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas)
    Inscrición: desde as 8 horas do 3 de abril ata as 23.55 horas do 8 de abril en https://egap.xunta.gal/matricula/login.php As persoas solicitantes deberán acreditar por correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal o cumprimento dos requisitos establecidos no punto 4 da resolución (tipo de persoal e funcións).

    Máis información no DOG do 2 de abril ou na ficha do curso


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 661 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212