Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    II Simposio internacional aprendizaxe-servizo na universidade

    Xornadas / Luns, 2 de Abril de 2018.

    A EGAP convoca, en colaboración co grupo de investigación Esculca (Escola-Cultura) e a rede de investigación RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade), o II Simposio internacional aprendizaxe-servizo na universidade: coidando a aprendizaxe e o capital social dos estudantes que terá lugar en Santiago de Compostela o próximo 25 de maio.


    Obxectivos: promover o coñecemento da metodoloxía da aprendizaxe-servizo como vía efectiva de innovación educativa na educación superior, estudar o impacto da aprendizaxe-servizo nas dinámicas de avaliación da calidade nas universidades europeas, examinar o grao de desenvolvemento do proceso de institucionalización da aprendizaxe-servizo nas universidades de España en xeral e de Galicia en particular e dar conta de resultados da aprendizaxe e capital social dos estudantes universitarios alcanzados na investigación.
    Persoas destinatarias: profesorado das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como persoal en formación (bolseiros/as FPI, FPU e bolseiros/as predoutorais e posdoutorais da Xunta de Galicia) e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Data: venres, 25 de maio de 2018
    Horario: de mañá e tarde
    Duración: 8 horas lectivas
    Inscrición: desde as 8 horas do 3 de abril ata as 23.55 horas do 16 de maio en http://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 2 de abril ou na ficha do curso.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 662 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212