Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocado o programa de autoformación de 2018, que inclúe 42 materias diferentes

    Cursos / Mércores, 4 de Abril de 2018.

    Ademais de continuar realizando unha oferta formativa conxunta para todos os colectivos de empregados públicos, este ano descentralízanse as probas de avaliación das actividades deste programa.


    O programa de autoformación diríxese a todo o perosal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma e ofrece un amplo abano de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.

    Acceso aos contidos
    Matrícula: en calquera momento desde o 5 de abril ata o 20 de decembro en https://egap.xunta.gal/matricula
    O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

    Probas de avaliación
    Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocads e conseguir un certificado de equivalencia.
    Matrícula: desde as 8 horas do 5 de abril ata as 23.55 horas do 16 de abril en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 4 de abril

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 665 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212