Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A revista Administración&Cidadanía actualiza o seu regulamento para lograr unha maior apertura cara ao exterior

    Publicacións / Martes, 3 de Abril de 2018.

    Esta tarde reuniuse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o consello de redacción da publicación científica Administración&Cidadanía coa finalidade de aprobar o contido do próximo número e a modificación do regulamento da revista. 


    A actualización do dito regulamento ten como finalidade modificar certos procedementos relativos ao seu funcionamento que lle permitan participar no proceso de avaliación proposto pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). Ademais, a través destas modificacións, a revista logrará unha maior profesionalización e internacionalización, á vez que un maior recoñecemento da súa excelencia editorial e científica.

    Este dobre obxectivo permitirá incrementar o índice de impacto de Administración&Cidadanía, mellorar a súa posición con respecto a outras publicacións e conseguir unha maior apertura cara ao exterior.

    O próximo número
    O próximo número da revista incluirá varios artigos nos que sinalados expertos analizan en profundidade o fenómeno da globalización. A presentación do próximo volume foi redactada polo catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, Xosé Carlos Arias Moreira.

    A continuación, seis artigos tratan a globalización con artigos sobre a criminalidade organizada, a gobernanza nas actividades marítimas, a economía, o branqueo de diñeiro ou o populismo.

    Finalmente, o profesor da USC Miguel Anxo Bastos Boubeta reseña o libro “Conectografía. Mapear el futuro de la civilización mundial”.

    Todos estes artigos estarán dispoñibles na páxina web da EGAP para a súa libre descarga nas próximas semanas.
     
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 664 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212