Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Actos en conmemoración do Día das Letras Galegas

    A Escola / Martes, 8 de Maio de 2018.

    A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2018 á escritora de literatura infantil e xuvenil María Victoria Moreno Márquez. A EGAP súmase á homenaxe desta insigne escritora en lingua galega organizando un acto literario, seguido da inauguración dunha mostra de arte, así como dunha viaxe de interese cultural.



    Acto literario e inaguración da mostra de arte
    Destinatarios: poderá participar calquera persoa interesada
    Data: 16 de maio
    Hora: 12h
    Programa: a escritora Fina Casalderrey impartirá unha conferencia en relación coa vida e obra da autora homenaxeada e o músico Emilio Rúa interpretará dúas composicións propias baseadas nos seus textos. Ao finalizar o acto, inaugurarase a Mostra de Arte das Letras Galegas, en que persoal empregado público da Administración autonómica exhibirá na sede da EGAP, ata o vindeiro 15 de xuño, as súas creacións artísticas.
    Inscrición: desde as 00.00 horas do 9 de maio ata as 23.00 horas do 15 de maio en http://egap.xunta.gal/matricula

    Viaxe cultural
    Destinatarios: o persoal empregado público ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia. No caso de se presentaren máis solicitudes que prazas, terá preferencia o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.
    Condicións: A inscrición na viaxe implica a obrigatoriedade de asistir ao acto literario. Para a selección da viaxe cultural terase en conta a data e a hora de recepción do correo electrónico
    Prazas: 50
    Data: 17 de maio
    Inscrición: unha vez formalizada a inscrición ao acto literario, enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, indicando nome, apelidos e datos de contacto, así como o vínculo de pertenza a calquera das administracións públicas de Galicia.

    Máis información no DOG do 8 de maio ou na ficha do curso

    Máis información sobre a viaxe cultural, prema aquí
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 676 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212