Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre a protección das persoas consumidoras no ámbito financeiro e do investimento

    Cursos / Venres, 11 de Maio de 2018.

    Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Consumo e da Competencia, a EGAP convoca un curso sobre a protección das persoas consumidoras no ámbito financeiro e do investimento dirixido ao persoal funcionario e laboral do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC); persoal funcionario e laboral das oficinas municipais de Información ao Consumidor (OMIC) e outro persoal das entidades locais e das asociacións de persoas consumidoras e usuarias de Galicia que realicen funcións de asesoramento ás persoas consumidoras, mediación e tramitación de reclamacións de consumo.


    Obxectivos: Formar e capacitar os distintos profesionais que interveñen no asesoramento e resolución das problemáticas das persoas consumidoras no ámbito financeiro e do investimento. Analizar e estudar os principais produtos de investimento (fondos de investimento, fondos de pensións...); os riscos destes produtos; a súa normativa reguladora; coñecer a súas principais problemáticas e os mecanismos e criterios de resolución empregados pola CNMV. Analizar e estudar as operacións de financiamento máis habituais; os diferentes medios e servizos de pagamento (efectivo, tarxetas de débito, de crédito...); as condicións aplicables ás contas e aos depósitos bancarios; as hipotecas inversas; as problemáticas máis frecuentes en relación aos produtos bancarios e os mecanismos e criterios de resolución de reclamacións empregados polo Banco de España.
    Modalidade: presencial
    Duración: 12 horas
    Edicións: 1
    Datas: 29 e 30 de maio de 2018
    Horarios: 29 de maio: das 9.00 ás 14.00 horas; 30 de maio: das 9.00 ás 14.00 horas, e das 16.00 ás 18.00 horas
    Lugar: Santiago de Compostela, aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, núm. 2-4
    Prazas: 50

    Inscrición: desde as 8 horas do 12 de maio ata as 23.55 horas do 21 de maio en http://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 11 de maio ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 677 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212