A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 14 de maio as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2018, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.
Poderán ser beneficiarias da liña en réxime de concorrencia competitiva das subvencións convocadas, os concellos, as deputacións provinciais e demais entidades locais recoñecidas no artigo 2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, que promovan plans de formación para o persoal empregado público, de carácter unitario ou agrupado, dentro do ámbito do Afedap.
De conformidade co establecido no artigo 6, segundo parágrafo do Afedap, só poderá ser beneficiaria da liña en réxime de concorrencia non competitiva das subvencións convocadas a Federación Galega de Municipios e Provincias.
Prazo de presentación de solicitudes: un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Enderezo web para as solicitudes: https://fedap-galicia.inap.es/
Máis información:
DOG do 14 de maio