Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de ferramentas Notifica.gal e Rexel

    Cursos / Luns, 28 de Maio de 2018.

    De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Escola Galega de Administración Pública; e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para desenvolver actividades de formación e divulgación en materia de administración electrónica e protección de datos convócase un curso de ferramentas Notifica.gal e Rexel. 


    Requisitos dos/das participantes: poderán participar na acción formativa convocada nesta resolución os/as empregados/as públicos/as que presten servizo na Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia.
    Matrícula: desde as 8 horas do 29 de maio ata as 23.55 horas do 5 de xuño en http://egap.xunta.gal/matricula 
    Modalidade: mixta
    Número de edicións: 11
    Prazas: 25 por edición
    Duración: 12 horas
    Datas:
    • 1ª edición: do 11 ao 15 de xuño, sesións presenciais na aula Amtega en San Caetano, en Santiago de Compostela o 11 e 13 de xuño, das 12.00 ás 14.00 horas.
    • 2ª edición: do 11 ao 15 de xuño, sesións presenciais na aula da Amtega en Lugo o 11 e 13 de xuño, das 12.00 ás 14.00 horas.
    • 3ª edición: do 11 ao 15 de xuño, sesións presenciais na aula da Amtega na Coruña o 11 e 13 de xuño, das 12.00 ás 14.00 horas.
    • 4ª edición: do 18 ao 22 de xuño, sesións presenciais na aula da Amtega en San Caetano, en Santiago de Compostela o 18 e 20 de xuño, das 12.00 ás 14.00 horas.
    • 5ª edición: do 17 ao 21 de setembro, sesións presenciais na aula da Amtega en Pontevedra o 17 e 19 de setembro, das 12.00 ás 14.00 horas.
    • 6ª edición: do 17 ao 21 de setembro, sesións presenciais na aula da Amtega en San Caetano, en Santiago de Compostela o 17 e 19 de setembro, das 12.00 ás 14.00 horas.
    • 7ª edición: do 24 ao 28 de setembro, sesións presenciais na aula da Amtega en Vigo o 24 e 26 de setembro, das 12.00 ás 14.00 horas.
    • 8ª edición: do 24 ao 28 de setembro, sesións presenciais na aula da Amtega en Ferrol o 24 e 26 de setembro, das 12.00 ás 14.00 horas.
    • 9ª edición: do 24 ao 28 de setembro, sesións presenciais na aula da Amtega en San Caetano, en Santiago de Compostela o 24 e 26 de setembro, das 12.00 ás 14.00 horas.
    • 10ª edición: do 1 ao 5 de outubro, sesións presenciais na aula da Amtega en Ourense o 1 e 3 de outubro, das 12.00 ás 14.00 horas.
    • 11ª edición: do 1 ao 5 de outubro, sesións presenciais na aula da Amtega en San Caetano, en Santiago de Compostela o 1 e 3 de outubro, das 12.00 ás 14.00 horas.
    Máis información no DOG do 28 de maio ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 683 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212