Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico A nova Lei de contratos do sector público na Administración local

    Cursos / Luns, 4 de Xuño de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública acollerá os días 19 e 20 de xuño un curso monográfico sobre a nova Lei de contratos do sector público dirixida ao persoal das entidades locais galegas. 


    Obxectivos: analizar as principais modificacións introducidas pola Lei de contratos do sector público, en especial aquelas que afectan á contratación no ámbito da Administración local, e propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores e relevantes desde o punto de vista xurídico e da xestión pública.
    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia e entidades adscritas a esta.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Datas: 19 e 20 de xuño de 2018
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 12 horas lectivas
    Inscrición: desde as 8 horas do 5 de xuño ata as 23.55 horas do 17 de xuño en http://egap.xunta.gal/matricula Todas as persoas solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, achegando a certificación acreditativa da súa condición de persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local e entidades adscritas a esta.

    Máis información no DOG do 4 de xuño ou na ficha do curso

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 684 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212