Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP prepara unha publicación centrada na nova Lei de contratos do sector público

    Publicacións / Martes, 12 de Xuño de 2018.

    Esta mañá os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, aprobaron a publicación dun número monográfico sobre a nova Lei de contratos do sector público. 


    O número 55 da Regap incluirá seis estudos sobre este recente texto legal que incidirán en aspectos coma as novidades en materia de contratación electrónica, os obxectivos da Lei, a análise das modificacións obxectivas no contrato de concesión, a disciplina da modificación do obxecto do contrato, o sistema administrativo de control interno e de supervisión e a contratación dos poderes adxudicadores distintos dunha administración.

    Ademais, esta publicación contén tres notas sobre a Lei de contratos do sector público relativas á Administración local, ás perspectivas de cambio na lexislación do Brasil e ás dimensións sociais dos contratos públicos en Portugal.

    Administración&Cidadanía

    A EGAP tamén reuniu ao equipo de traballo da revista Administración&Cidadanía para aprobar o próximo número e planificar o seguinte. Así, o consello de redacción acordou incluír no Volume 13, número 1 artigos relativos á maternidade e a saúde laboral, á defensa colectiva dos consumidores, á relación entre as novas tecnoloxías e a integración da vida familiar ou ao solo industrial en Galicia; entre outros.

    Ambas as publicacións son de libre acceso e descarga desde a páxina web da Escola e estarán dispoñibles nas próximas semanas. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 686 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212