Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O COAG abre a matrícula en dous cursos sobre urbanismo

    Cursos / Martes, 24 de Xullo de 2018.

    O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), en colaboración coa EGAP, abre o prazo de matrícula para os cursos Renovación urbana e rexeneración urbanística e Novo procedemento administrativo e contratación pública no ámbito do urbanismo.


    Información e matrícula en http://www.coag.es/formacion ata o 15 de setembro

    Novo procedemento administrativo e contratación pública no ámbito do urbanismo 
    Obxectivos: que os alumnos poidan adquirir os coñecementos necesarios en relación á normativa que regula os procedementos e a contratación nas Administracións Públicas no ámbito do urbanismo.
    Persoas destinatarias:

    3.1. Persoal empregado público das administracións públicas galegas, pertencente aos seguintes grupos:

    - Persoal funcionario: subgrupos A1 e A2
    - Persoal laboral: grupos I e II

    3.2. Arquitecto/a colexiado/a no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
    3.3. Persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como os profesionais que estean en posesión da titulación de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñería, arquitectura técnica ou enxeñería técnica.

    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
    Datas: 4, 11, 18 e 25 de outubro
    Horario: O curso celebrarase ordinariamente os xoves, en horario de mañá, de 10:00 a 14:15 horas, e de tarde, de 15:45 a 20:00 horas (un total de 4 horas lectivas cun descanso de 15 minutos en cada unha das partes).
    Duración: 32 horas
    Número de prazas: 35
    Máis información na web do COAG.

    Renovación urbana e rexeneración urbanística
    Obxectivos: que os alumnos poidan adquirir os coñecementos necesarios en relación á normativa que regula os procedementos e a contratación nas Administracións Públicas no ámbito do urbanismo.
    Persoas destinatarias:

    3.1. Persoal empregado público das administracións públicas galegas, pertencente aos seguintes grupos:

    - Persoal funcionario: subgrupos A1 e A2
    - Persoal laboral: grupos I e II

    3.2. Arquitecto/a colexiado/a no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
    3.3. Persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como os profesionais que estean en posesión da titulación de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñería, arquitectura técnica ou enxeñería técnica.

    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
    Datas: 10, 17, 24 e 31 de outubro
    Horario: o curso celebrarase ordinariamente os mércores, en horario de mañá, de 10:00 a 14:15 horas, e de tarde, de 15:45 a 20:00 horas (un total de 4 horas lectivas cun descanso de 15 minutos en cada unha das partes).
    Duración: 32 horas
    Número de prazas: 18
    Máis información na web do COAG.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 692 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212