Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior A fiscalización e a nova Lei de contratos do sector público

    Cursos / Mércores, 18 de Xullo de 2018.

    A EGAP, en colaboración co Consello de Contas de Galicia, convoca un curso superior sobre a fiscalización e a nova Lei de contratos do sector público que terá lugar na Escola todos os luns entre o 17 de setembro e o 5 de novembro. 


    O pasado 9 de novembro publicouse no BOE a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

    Ademais de acometer a transposición das citadas directivas, a lei establece un novo marco regulador do sistema de contratación pública, con vocación de ser máis eficiente, transparente e íntegro, e mellorar as condicións de acceso ao devandito sistema facilitando, en particular, a participación das pemes.

    Coa celebración deste curso, os obxectivos perseguidos son tanto a análise das principais novidades introducidas pola lei como propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores desde o punto de vista xurídico e da xestión pública, enfocado fundamentalmente a fortalecer coñecementos previos dirixidos á actividade de auditoría e control económico-financeiro do sector público, tanto no que se refire ao control do cumprimento normativo como dos principios de economía, eficacia e eficiencia.

    Persoas destinatarias: O curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, do Consello de Contas de Galicia dos grupos A1, A2 e C1 (axudantes de Auditoría). No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia pertencentes aos grupos A1, A2 e C1 que realicen funcións de control (intervención).
    Prazas: 80
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Datas: todos os luns entre o 17 de setembro e o 5 de novembro de 2018.
    Horario: terá unha carga lectiva de 48 horas presenciais, distribuídas en 8 sesións de 6 horas lectivas por día e sesión, que se impartirán en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas) e en horario de tarde (das 16.00 ás 19.00 horas).
    Inscrición:desde as 8 horas do 19 de xullo ás 23.55 horas do 2 de setembro en https://egap.xunta.gal/matricula/login.php 
    As persoas solicitantes deberán acreditar por correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal a súa condición de persoal empregado público das entidades destinatarias, así como o grupo e, se é o caso, funcións que realiza, de acordo ao establecido no punto 4 desta resolución.

    Máis información no DOG do 18 de xullo ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 691 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212