Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública

    A Escola / Luns, 9 de Xullo de 2018.

    A EGAP organiza os días 19, 20 e 21 de setembro en Santiago de Compostela o curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública coa finalidade de analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e da dirección por obxectivos. 


    Obxectivos do curso:
    • Analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e da dirección por obxectivos: conceptos fundamentais e principios.
    • Motivar os participantes na reflexión estratéxica para facer fronte aos desafíos do sector público.
    • Profundar no coñecemento e no manexo das principais ferramentas necesarias para formular e implementar a planificación estratéxica como método de traballo nas organizacións públicas.
    • Coñecer algunhas experiencias de planificación estratéxica levadas a cabo na Administración pública.
    • Aplicar os coñecementos adquiridos mediante a elaboración dun plan estratéxico.
    Persoas destinatarias:
    O curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.
    Duración: 20 horas lectivas
    Datas: 19, 20 e 21 de setembro
    Horario: os días 19 e 20, en horario de mañá e tarde; o día 21, en horario de mañá
    Lugar: sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
    Número de prazas: 40
    Inscrición: desde as 8 horas do 10 de xullo ata as 23.55 horas do 9 de setembro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Excepto as persoas que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, todos/as os/as solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal achegando a certificación acreditativa da súa condición de persoal empregado público e do grupo e/ou categoría a que pertencen. Esta certificación será expedida pola persoa que realice as tarefas de certificación da Administración en que preste os seus servizos.

    Máis información no DOG do 9 de xullo ou na ficha do curso.   
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 690 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212