Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Nova convocatoria de cursos destinados ao persoal da Administración autonómica e das entidadades públicas instrumentais e da Admón. institucional

    Cursos / Martes, 26 de Xuño de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 26 de xuño un total de 57 actividades formativas e 1950 prazas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.


    Solicitude: desde as 8 horas do 27 de xuño ata as 23.55 horas do 6 de xullo na zona de matrícula da EGAP (http://egap.xunta.gal/matricula). O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a cinco.

    Dentro do prazo de presentación de solicitudes os empregados públicos pertencentes a entidades, organismos ou institucións públicas, cuxos datos non figuren na base de datos da Dirección Xeral da Función Pública, deberán enviar a xestion.egap@xunta.gal un certificado expedido polo órgano responsable de persoal no que se indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.

    Máis información e listaxe de cursos no DOG do 26 de xuño.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 689 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212