Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos para o persoal do Concello da Coruña

    Cursos / Xoves, 21 de Xuño de 2018.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito o 12 de xaneiro de 2018 entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse seis cursos para o persoal do Concello da Coruña.



    Matrícula: desde as 8 horas do 22 de xuño ata as 23.55 horas do 2 de xullo en http://egap.xunta.gal/matricula

    CV18029: Administración electrónica

    Obxectivos: Dar a coñecer os principios básicos da Administración electrónica como dereito dos/as cidadáns/as. Capacitar os/as funcionarios/as de forma que coñezan as posibilidades que ofrece a aplicación de medios electrónicos na Administración, e as solucións xa á disposición da cidadanía, para efectos de que poidan dar un mellor servizo de apoio e resposta a consultas dos/das administrados/as en caso de precisalo.
    Destinatarios/as: persoal administrativo do Concello da Coruña
    Modalidade: teleformación
    Núm. de edicións: 4
    Duración: 30 horas por edición
    Datas: primeira e segunda edicións do 24 de setembro ao 23 de outubro de 2018 e edicións terceira e cuarta do 4 de outubro ao 2 de novembro de 2018
    Proba final presencial:
    – Edición T01 o día 29 de outubro ás 10.00 horas.
    – Edición T02 o día 29 de outubro ás 12.00 horas.
    – Edición T03 o día 9 de novembro ás 10.00 horas.
    – Edición T04 o día 9 de novembro ás 12.00 horas.
    A proba realizarase no centro Easy System, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano) A Coruña.
    Prazas: 50 por edición


    CV18030: básico en prevención de riscos laborais

    Obxectivos: Formar os/as traballadores/as en materia de prevención de riscos laborais, segundo o establecido no anexo IV B) do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.
    Destinatarios/as: Persoal técnico do Acuario e Infraestruturas, responsables de instalacións municipais e inspectores/as de Medio Ambiente do Concello da Coruña.
    Modalidade: teleformación
    Núm. de edicións: 1
    Duración: 50 horas
    Datas: do 11 de setembro ao 15 de outubro de 2018
    Proba final presencial: 19 de outubro ás 10.00 horas
    A proba realizarase no centro Easy System, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano) A Coruña
    Prazas: 50


    CV18031: básico de subvencións e normativa aplicable

    Obxectivos: Proporcionar ao alumnado uns coñecementos básicos sobre a figura da subvención e a súa regulación na normativa estatal e autonómica de aplicación.
    Destinatarios/as: Persoal administrativo do concello da Coruña grupos A1, A2 e C1
    Modalidade: teleformación
    Núm. de edicións: 1
    Duración: 30 horas
    Datas: do 26 de setembro ao 25 de outubro de 2018
    Proba final presencial: 30 de outubro ás 10.00 horas
    A proba realizarase no centro Easy System, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano) A Coruña.
    Prazas: 50

    CV18032: Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

    Obxectivos: Formación que replica a da unidade formativa UF0321 asociada á unidade de competencia UC0233_2 do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Capacitar os/as profesionais que utilizan ferramentas ofimáticas en uso de solucións abertas.
    Destinatarios/as: Persoal administrativo do concello da Coruña
    Modalidade: teleformación
    Núm. de edicións: 1
    Duración: 50 horas
    Datas: do 10de setembro ao 26 de outubro de 2018
    Proba final presencial: 31 de outubro ás 10.00 horas
    A proba realizarase no centro Easy System, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano) A Coruña.
    Prazas: 50

    CV18033: aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

    Obxectivos: Formación que replica a da unidade formativa UF0320 asociada á unidade de competencia UC0233_2 do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Capacitar os/as profesionais que utilizan ferramentas ofimáticas en uso de solucións abertas.
    Destinatarios/as: Persoal administrativo do concello da Coruña
    Modalidade: teleformación
    Núm. de edicións: 1
    Duración: 30 horas
    Datas: do 10 de outubro ao 7 de novembro 
    Proba final presencial: 12 de novembro ás 10.00 horas
    A proba realizarase no centro Easy System, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano) A Coruña.
    Prazas: 50

    CV18034: aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

    Obxectivos: Proporcionar coñecemento práctico avanzado na folla de cálculo Excel.
    Destinatarios/as: Persoal administrativo do concello da Coruña 
    Modalidade: teleformación
    Núm. de edicións: 2
    Duración: 50 horas por edición
    Datas: do 10 de outubro ao 14 de novembro (ambas as edicións)
    Proba final presencial:
    - T01: o 19 de novembro ás 10 horas
    - T02: o 19 de novembro ás 12 horas
    A proba realizarase no centro Easy System, r/ Río de Monelos, 18 (fronte ao Forum Metropolitano) A Coruña.
    Prazas: 50 por edición

    Máis información no DOG do 21 de xuño
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 688 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212