Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Novo curso de Prevención de riscos laborais. Nivel básico

    Cursos / Venres, 24 de Agosto de 2018.

    Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico.


    Requisitos do persoal participante: empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
    Modalidade: teleformación
    Duración: 60 horas. Edición
    Edicións: tres
    Datas: do 25 de setembro ao 23 de novembro de 2018
    Proba final presencial: o día 23 de novembro ás 10.00 horas. A proba final do curso realizarase de forma descentralizada nos Centros Territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP.
    Prazas: 50 por edición
    Matrícula: desde as 9 horas do 27 de agosto ata as 23.55 horas do 5 de setembro en http://egap.xunta.gal/matricula

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 695 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212