Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada Xustiza e dereito en igualdade

    Xornadas / Mércores, 29 de Agosto de 2018.

    1968 foi un ano símbolo de cambios, algúns dos cales son descoñecidos a pesar da súa transcendencia. Un deles foi a incorporación da muller á carreira xudicial. Coincidindo cos cincuenta anos deste feito, corresponde facer balance e analizar os logros obtidos e o que supuxeron, así como a evolución do mundo do dereito en materia de igualdade e os seus retos nun futuro inmediato.


    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto de xustiza como autonómica e local, dos entes instrumentais da comunidade autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais do dereito e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Data: 3 de outubro de 2018
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 6 horas lectivas
    Número de prazas: limitado pola capacidade do local
    Inscrición: desde as 8 horas do 30 de agosto ata as 23.55 horas do 30 de setembro en https://egap.xunta.gal/matricula 
    Máis información no DOG do 29 de agosto ou na ficha da xornada.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 696 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212