A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática, o curso superior de administración electronica.
Obxectivos: afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Os contidos do programa enfocarán desde distintas perspectivas a Administración electrónica para que as persoas a que se dirixe adquiran ou perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos da informática e do dereito, completando a súa formación no dereito da informática.
Prazas: 80
Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
Datas e horario: desde o 16 de outubro ata o 27 de novembro de 2018, en horario de mañá e tarde (das 11.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas)
Duración do curso: 114 horas lectivas distribuídas do seguinte xeito: 30 horas de clases prácticas presenciais (16, 23 e 30 de outubro e 6 e 13 de novembro) e 84 de teleformación.
Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
a) Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
b) Grupos I e II do persoal laboral.
No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por persoal empregado público das devanditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Inscrición: desde as 8 horas do 27 de setembro ata as 23.55 horas do 4 de outubro en
https://egap.xunta.gal/matricula/
Excepto as persoas que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, todas as persoas solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, achegando un certificado acreditativo da súa condición de persoal empregado público e do grupo e/ou categoría a que pertencen.
Máis información no
DOG ou na
ficha do curso.