Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Conversa en inglés para o PAS das universidades

    Cursos / Venres, 28 de Setembro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca catro edicións presenciais do curso Conversa en inglés, dirixidas ao persoal de administración e servizos das tres universidades galegas. A actividade terá lugar nas cidades de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo entre o 17 de outubro e o 3 de decembro.


    Requisitos dos participantes: persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encontre en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
    Matrícula: dispoñible entre as 8 horas do 29 de setembro e as 23.55 horas do 8 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 28 de setembro ou na ficha do curso

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 703 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212