Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada A corresponsabilidade parental no cesamento da convivencia da parella

    Xornadas / Martes, 2 de Outubro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha xornada para o día 23 de outubro co obxectivo de coñecer e analizar, tanto desde a perspectiva xudicial como psicoemocional, a problemática e as consecuencias dos procesos legais de separación ou divorcio de parellas con fillos/as menores.


    Contidos: nesta xornada trataranse, entre outros, os seguintes temas:
    • Repercusións psicoemocionais, escolares e de saúde nos nenos e nenas e nos/nas adolescentes a causa da ruptura da parella. Factores de protección e reforzo.
    • A aplicación da xurisprudencia do Tribunal Supremo sobre procesos de separación nos xulgados de familia, xulgados de primeira instancia e audiencias provinciais.
    • O papel da Fiscalía na consolidación e desenvolvemento dunha xustiza terapéutica: instrumentos de intervención no conflito familiar.
    • A experiencia nos xulgados de familia da aplicación dos instrumentos existentes nos procesos de ruptura de parella e as necesidades detectadas: a figura do coordinador parental.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Data: 23 de outubro de 2018
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 8 horas lectivas
    Número de prazas: limitado pola capacidade do local
    Inscrición: desde as 8 horas do 3 de outubro ata as 23.55 horas do 16 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 2 de outubro ou na ficha da xornada
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 704 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212