Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP analiza nunha xornada o papel da muller no ámbito xudicial

    Xornadas / Mércores, 3 de Outubro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe unha xornada titulada Xustiza e dereito en igualdade, dirixida facer balance e a analizar polo miúdo a presenza da muller no ámbito xudicial unha vez cumpridos os cincuenta anos da súa incorporación á carreira xudicial.


    Á inauguración desta actividade asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Juan José Martín, director xeral de Xustiza; Fernando Suanzes, fiscal superior de Galicia; Consuelo Madrigal, fiscal de Sala do Tribunal Supremo; e Ignacio Picatoste, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participará esta tarde na clausura.

    Durante o acto a directora da Escola incidiu nos cambios sociais que permitiron nos últimos anos avanzar na igualdade real entre homes e mulleres, feito que tamén se viu reflectido na Administración de xustiza cun acusado incremento da presenza feminina. Así, sinalou que desde o ano 2013 o número de mulleres na carreira xudicial supera ao de homes pero que este cambio de tendencia que sen embargo non se reflicte nos estamentos máis altos da Xustiza, onde a maioría dos postos seguen sendo ocupados por homes.

    Doutra banda, Sonia Rodríguez-Campos tamén fixo fincapé nos avances que se produciron no terreo normativo onde, desde a aprobación da nosa Carta Magna, que recolle o concepto de igualdade no capítulo segundo, foron moitas as leis que incluíron artigos dirixidos a garantir a ausencia de calquera tipo de discriminación por razón de sexo ou incluso se aprobaron outras específicas como a Lei Orgánica 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

    Finalmente, o director xeral de Xustiza lembrou que a pesar de que a igualdade formal está recollida nas diferentes leis e dos significativos avances logrados nos últimos anos aínda queda camiño por percorrer para lograr a igualdade real en todos os sectores da sociedade. Ademais, incidiu en que unha xustiza eficaz é a pedra angular dun sistema no que prime a igualdade. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 705 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212