Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior A nova lexislación administrativa básica: teoría e práctica

    Cursos / Luns, 8 de Outubro de 2018.

    A EGAP convoca a cuarta edición do curso superior A nova lexislación administrativa básica coa finalidade de abordar desde unha perspectiva teórico-práctica as novidades introducidas no procedemento administrativo e no réxime xurídico das administracións públicas polas leis 39 e 40/2015.


    Destinatarios: o persoal empregado público, en situación de servicio activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica coma local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema Universitario de Galicia que estea en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
    Prazas: 80
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Desenvolvemento: oito sesións entre o 25 de outubro e o 20 de decembro, en horario de mañá e tarde
    Matrícula: desde as 8 horas do 9 de outubro ata as 23 horas do 14 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula 
    As persoas solicitantes, agás as que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, deberán enviar un correo electrónico á dirección novas.egap@xunta.gal, no que acrediten a súa condición de persoal empregado público, así como estar en posesión da titulación solicitada.
    Importe: o importe da matrícula é de 100 euros para as persoas que non teñan a condición de persoal empregado público


    Máis información no DOG do 8 de outubro ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 707 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212