Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e o IGCC convocan un curso sobre comercio electrónico

    Cursos / Luns, 8 de Outubro de 2018.

    A través do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC) convócase un curso sobre comercio electrónico na modalidade de teleformación.


    Obxectivos: Explicar os pasos a seguir para facer compras na internet dun xeito seguro e, especificamente, os aspectos máis importantes para evitar fraudes: identificación de páxinas seguras e dos distintos medios de pago; explicación da posibilidade de abandonar a compra e descrición das vantaxes e dos inconvenientes no emprego da banca electrónica na compra en liña. Habilitar o alumnado participante para o manexo da ferramenta en liña simulador de compras do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, co obxectivo de realizar compras seguras na internet. Dar a coñecer os dereitos específicos das persoas consumidoras e como presentar unha reclamación no caso das compras efectuadas a distancia.
    Destinatarios/as: o persoal do IGCC; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dos Espazos Xoves e das OMIX.
    Modalidade: teleformación
    Duración: 20 horas
    Edicións: 1
    Datas: do 23 de outubro ao 23 de novembro de 2018
    Proba final: 23 de novembro: das 9.00 ás 14.00 horas

    Máis información no DOG do 8 de outubro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 708 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212