Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de PRL dirixido ao persoal ao servizo da Admón de xustiza con destino no partido xudicial da Coruña

    Cursos / Luns, 8 de Outubro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca os cursos de prevención destinados a aqueles/as funcionarios/as que prestan os seus servizos na Administración de xustiza en Galicia. Esta convocatoria, dirixida ao persoal que presta os seus servizos no partido xudicial da Coruña, así como as próximas convocatorias que se realicen nos restantes partidos xudiciais de Galicia, garantirán que os/as funcionarios/as dos corpos de médicos forenses, xestión administrativa e procesual, tramitación administrativa e procesual e auxilio xudicial posúan a preceptiva formación en materia de riscos laborais.


    Requisitos dos participantes: O curso convocado ten carácter obrigatorio para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que teña o seu destino no partido xudicial da Coruña, salvo para aqueles/as solicitantes que xa o realizasen coa EGAP con anterioridade a data desta resolución.

    Matrícula: desde as 8 horas do 9 de outubro ata as 23.55 horas do 18 de outubro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 8 de outubro
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 709 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212