Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca cursos online para preparar as probas selectivas de promoción interna

    Cursos / Venres, 23 de Novembro de 2018.

    A EGAP convoca actividades formativas en liña de apoio á preparación das probas selectivas para o acceso, pola quenda de promoción interna, a diversos corpos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.


    Destinatarios: o persoal empregado público admitido nas probas selectivas convocadas para o acceso aos corpos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Subgrupo A1, A2, C1 e C2).

    Matrícula: desde o 24 ata o 30 de novembro en https//egap.xunta.gal/matricula

    Os cursos, dispoñibles desde o 5 de decembro ata a data do exame, estarán formados por contidos e cuestionarios de preguntas tipo test. Ademais, estas actividades incluirán tres meses de titorización para a resolución de dúbidas.

    Finalmente, cómpre resaltar que os contidos destes cursos non son en ningún caso representativos respecto ao alcance das preguntas que poidan formularse no proceso selectivo.

    Máis información no DOG do 23 de novembro. ​

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 719 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212